|
 Esta actuación foi solicitada polo Concello da Laracha e, posteriormente, aceptada pola propia Dirección Xeral de Costas do Estado. Desde o municipio ideouse e impulsouse a construción da escollera por diferentes motivos relativos a temas de seguridade, accesibilidade, hixiene e estética desta zona da praia de Caión.
En primeiro lugar, o muro de escollera será un reforzo para protexer á parede vertical e evitar que se produzan posibles desprendementos de materiais por causa da erosión provocada pola forza da auga, a existencia das edificacións situadas neste zona e as vibracións da estrada causadas polo tránsito dos vehículos.
Ademais evitarase en gran medida a acumulación dos residuos depositados polas mareas, mellorarase a accesibilidade dos peóns desde a propia praza Eduardo Vila Fano á praia e a parede vertical presentará unha estética moito máis adecuada á súa situación e ao seu entorno, facendo desta zona un lugar máis atractivo e acolledor, especialmente durante a época estival
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
|